As plataformas Plademar Muros-Noia e PDRA presentaron esta mañá un plan de actuación en defensa do mar que conta con medidas medioambientais, socioeconómicas, de promoción dos produtos galegos e con puntos sobre a seguridade marítima. Os dous colectivos o fan cun obxectivo claro: que non se perdan os oficios tradicionais vencellados a el como o marisqueo, a pesca artesanal e a acuicultura extensiva. O presidente de Plademar, Rogelio Santos, apuntou que todos os profesionais, a título persoal, deberían defender o mar ao ser o seu medio de vida.
PLADEMAR E PDRA PRESENTARON UN PLAN DE ACTUACIÓN PARA DEFENDER O MAR GALEGO


