Os dous homes, veciños da Pobra, foron detidos pola Garda Civil de Boiro no marco da operación Abrenova, trátase de A.S.C., de 57 anos de idade e M.A.A.V., de 40 anos. O operativo desenvolveuse tras varias investigacións que a Garda Civil foi parcticando e nas que puideron constatar que se producia venta de droga de maneira habitual nunha vivenda da rúa Nova, de A Pobra do Caramiñal. Tras un rexistro a dita vivenda incautaron 60 doses de droga, básculas de precisión, teléfonos móbiles e diñeiro en efectivo. Os axentes tamen incautaron neste rexistro varios obxectos procedentes de roubos que puideran ter sido utilizados como pago pola mercadoría. Ó parecer este era un punto de venta de droga a toxicómanos de varios puntos do Barbanza. A xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción número 3 de Ribeira enviou a prisión a un dos detidos, A.S.C., mentes M.A.A.V quedou en libertade con cargos.
https://www.youtube.com/watch?v=c787gfmajh0




