O Boiro Voleibol volveu á Cachada e o fixo dando unha clase maxistral de remontada. O Extremadura Grupo Laura Otero visitou a pista boirense e puxo contra as cordas aos de Adrián Alves que lle deron a volta a un encontro que os estremeños dominaron nos primeiros dous sets para deixar a vitoria na casa por un traballado 3-2.
Coa baixa de última hora de Renato Mendes, Alves cambiou o seu sete inicial que amosou un bo nivel sobre o parqué. Estiveron por diante durante a meirande parte do xogo, pero ao final o empuxe e acerto do rival, sumado á figura de Tarta, cambiaron as tornas e o desenlace do primeiro período que se anotaron os visitantes por 23-25.