Este domingo celébrase o V Duatlon Trail de Riveira

A parroquia de Oleiros vai servir de escenario o vindeiro 6 de novembro da celebración do V Duatlon Trail de Riveira, organizado pola asociación Arousa Neo coa colaboración do concello. A proba dará inicio ás 10.30 horas do camping Ría de Arosa 2, no lugar de Balteiro, con meta no mesmo sitio.
Este ano trae novidades, os participantes contarán cunha segunda transición, de tal xeito que a competición principiará cun percorrido de trail de 1,5 kilómetros, principalmente polo interior do camping, para encarar a continuación 18 kilómetros de BTT e finalmente outros 6,5 de trail.

O tempo no que se presume que chegará o primeiro clasificado rondará entre os 75 e os 90 minutos; en tanto que o groso do pelotón estará en torno ás 2 horas.

Os trofeos foron creados por unha artista local, Eva Callón.

https://www.youtube.com/watch?v=MDwh7LjuvBM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.