Rianxo

Portos de Galicia, confraría de Rianxo e Concello de Rianxo traballan para dar solución á permanencia dos xubilados no local da confraría

Os xubilados de Rianxo pronto verán resolto o problema xurdido en torno a ocupación por parte deste club do local anexo á confraría. Tras anos de discordia e nun momento en que a confraría xa afirmou non poder facerse cargo da cota que reclama Portos de Galicia pola ocupación do local, a solución podería estar preto.

As partes implicadas nesta negociación non quixeron dar datos concretos sobre a vía na que traballan, pero si aclararon que buscan a permanencia do club de xubilados neste local.

https://www.youtube.com/watch?v=0ZffdKASM0c

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.