O PLENO DA CORPORACIÓN DE MUROS AFONDOU NA SITUACIÓN DA ASOCIACIÓN CARRILANAS DE ESTEIRO E DEU O SEU APOIO AO COLECTIVO

Na tarde de onte celebrouse o pleno ordinario do Concello de Muros onde o PP local presentou unha moción de urxencia polo conflito que xurdiu entre a Asociación Cultural Carrilanas de Esteiro e a concelleira socialista Caridad González. A portavoz popular, Inés Monteagudo, sinalou que o colectivo considera que hai un conflito de intereses co Goberno local ao ser González a procuradora da acusación dunha denuncia interposta por un suceso acontecido nas carrilanas no 2019. A directiva da asociación ameazou con dimitir e non organizar a edición deste ano da festa se a edil de Cultura, González, non dimite.
26012024 02 PLENO MUROS

Salir de la versión móvil