Esta mañá o presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, visitou unhas clases prácticas nunha autoescola de Ourense nas que conversou con alumnado e mestres. O titular do Goberno galego anunciou unha nova convocatoria de axudas destinadas nesta ocasión a apoiar á mocidade galega que non traballe a sufragar os custos do carné de conducir de coche, camión e autobús.
O GOBERNO GALEGO DESTINARÁ 800.000 EUROS PARA QUE A MOCIDADE OBTEÑA O CARNÉ DE COCHE, CAMIÓN E AUTOBÚS E MELLORAR A SÚA EMPREGABILIDADE


