O BNG de Boiro pide ó Goberno municipal que non se admitan alegacións á rectificación do inventario municipal de bens que impliquen a perda de bens de carácter municipal. Afirman dende a agrupación frentista que o concello está a estimar alegacións de particulares que reclaman a titularidade de bens municipais sen presentar probas contundentes, nen resolución xudicial.
Dende o Bloque Nacionalista Galego de Boiro non entenden como unha actualización de bens implica unha perda dos mesmos.
Piden ó executivo local que garanta a protección dos intereses de todos.
https://www.youtube.com/watch?v=PRLVildufVc




