O CONCELLO DE RIVEIRA saca a licitación a iluminación festiva por un período de dous anos prorrogables por outro máis

O Boletín Oficial de Provincia publica no día de hoxe o anuncio para a contratación da iluminación festiva do concello de Riveira.

Trátase dun contrato cunha duración de dous anos con posibilidade de prórroga por outro máis, cuxo valor estimado é de 83.000,92 euros ao ano (IVE incluído).

O procedemento de licitación é aberto con tramitación ordinaria e múltiples criterios de valoración, entre os cales figuran tanto a oferta económica como criterios avaliables mediante xuízos de valor (referencias técnicas) que teñen que ver coas propostas para a iluminación de Nadal, iluminación do Entroido e a iluminación das festas populares.

O prazo de presentación de ofertas é de 15 días naturais, podéndose facer no rexistro xeral do Concello situado na Oficina de Atención Cidadá.

https://www.youtube.com/watch?v=HA1lLAmgqWk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.