A canción hoxe, mañá e sempre, unha colaboración coa canaria Valeria Castro, presentouse o pasado 16 de decembro no fin de xira das Tanxugueiras no Colieum da Coruña. Os fans que non estiveron presentes no concerto tiveron que esperar un pouco máis xa que non se lanzou nas plataformas musicais ata o día 29. Mais a espera pagou a pena porque foi un auténtico éxito, tanto que onte despois de dúas semanas, a canción situouse no posto número 10 da lista top viral España da Spotify. O fenómeno das Tanxugueiras non soamente está sendo un éxito para ellas, senón que tamén axuda a activar a música en galego e que os galegos sexamos conscientes da importancia da súa existencia para o idioma aínda que aínda non estemos moi postos no tema.