A décimo quinta xornada da Primeira División Galega Arzúa Ulloa rematou cun resultado negativo para o Noia feminino. As noiesas recibiron a visita do Sporting Cambre, situado na zona media da táboa, e que se fixo co dominio do duelo que se disputou no anexo do Julio Mato.
As brancas afrontaban unha nova final coa necesidade de puntuar para intentar acurtar distancias coa zona de salvación, pero se toparon cun gran Cambre que tumbou as acometidas locais. As cambresas foron facéndose donas do partido a medida que corrían os minutos e á media hora de xogo puxéronse por diante para lamento da afección local. O Noia buscou o empate pero xusto antes do descanso, no 43, as visitantes puxeron distancias co 0-2. O paso por vestiarios non mudou moito a dinámica do partido e no minuto 50 o Sporting Cambre aseguraba a súa vitoria co terceiro tanto da mañá.