A Consellería de Infraestruturas e Vivenda comezará mañá as obras de rehabilitación do firme na estrada AC-305, ao seu paso polo concello de Boiro.
Para a execución destas obras será preciso realizar un corte de tráfico nesta vía dende mañá ás 8 horas ata o venres pola tarde. A circulación desviarase pola rúa paralela, a avenida da Constitución.
As actuacións consisten no estendido dunha nova capa de rodadura de mestura betuminosa en quente para eliminar as fisuras e mellorar a adherencia, para, posteriormente, realizar os traballos de fresado e repintado da vía.
Estas obras están enmarcadas nun paquete de obras de reforzo de firme en varios tramos desta vía autonómica ao seu paso polos municipios de Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, que foi adxudicado a Marconsa, Movimiento de Aridos y Construcciones de Arosa, S.L., por un importe de máis de 537.000 euros.
Estas actuacións forman parte do Plan de reforzos de firme co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda busca conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.
No seguinte plano amósase o desvío que se habilitará para poder executar as actuacións de mellora.
https://www.youtube.com/watch?v=EmIjvGThyok