martes, octubre 3, 2023

BREAKING

Finalizada a ampliación da rede de saneamento no LUGAR DE GÁNDARA EN OLEIROS

O Concello de Riveira informa da finalización das obras da ampliación da rede de saneamento en Gándara, lugar situado na parroquia de Oleiros.

Esta actuación foi realizada pola empresa Tarrío y Suárez, S.L., e supuxo un investimento de 6.138,03 euros.

As vivendas situadas na zona de actuación carecían de saneamento municipal, razón pola que se plantexou a execución dun proxecto consistente na instalación dunha liña de saneamento de 55 metros de lonxitude de PVC SN4 liso de 315 milímetros ata a conexión coa rede xa existente.

https://www.youtube.com/watch?v=2VQEQNAgFoE

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.