As rúas da Coruña viviron esta mañá unha nova manifestación. Máis de 1.100 empregados de Abanca citáronse na cidade para pedir unha mellora das súas condicións laborais, mobilización que estivo acompañada dun peche das oficinas en toda Galicia. Os traballadores teñen tres demandas fundamentais. Un incremento salarial real, atendendo ao IPC xa que as últimas subidas foron absorbidas por complementos persoais polo que dende os salarios levan practicamente dende o 2010 conxelados. Polo que están a perder poder adquisitivo.
TRABALLADORES DE ABANCA VAN Á FOLGA PARA DEMANDAR MELLORAS NO SEU SALARIO


