Esta tarde o subdirector xeral do Servizo de Gardacostas de Galicia, Lino Sexto, realizou unha serie de peticións ao Goberno central para atallar no mar a chegada de pellets ao litoral galego. Logo de elevar ao nivel medio o Plan Camgal, o Executivo aportará medios e persoal para loitar contra este vertido aínda que Sexto reclama a urxencia de cortar a fonte de contaminación.
GARDACOSTAS DE GALICIA PIDE AO GOBERNO CENTRAL CORTAR A FONTE DE CONTAMINACIÓN DOS PELLETS PARA EVITAR QUE CHEGUEN MÁIS PELLETS


