As plataformas PDRA e Plademar Muros-Noia volven a unirse para loitar polo futuro dos profesionais do mar. A situación de crise que se está a vivir no sector unida á chegada dos pellets leva aos traballadores a convocar unha manifestación que terá lugar o vindeiro 21 de xaneiro ás 12.00 horas na Alameda de Santiago. Co lema “En defensa do noso mar”, queren amosar o sentimento de preocupación que enche a Galicia ante este vertido.
O SECTOR PESQUEIRO E MARISQUEIRO MANIFESTARASE O VINDEIRO DÍA 21 EN SANTIAGO EN DEFENSA DO MAR


