Xa se disputou o campionato galego junior e absoluto de inverno en Lugo, onde houbo unha gran presenza do Barbanza. Unha ducia deles lucían as coras do Club Natación Boiro e acadaron grandes resultados na súa participación pechando a proba con 8 medallas.
Na categoría absoluta Manuel Pérez Lorenzo proclamouse campión galego nos 50 e 100 metros braza, ademais de sumar o subcampionato nos 100 metros libres e facer varias mínimas para o Campionato de España. Hugo Sanlés colgouse dous metais ao pescozo: o ouro como campión galego nos 100 metros libres e a prata nos 200 metros libres, e obtivo tres mínimas para o Campionato de España.