Accidente laboral en Outes. Un operario resultou ferido esta tarde ao sufrir unha caída dunha altura. Os feitos producíronse cando a vítima estaba a construír unha piscina en Insua, na parroquia de Cando.
O traballador foi evacuado de urxencia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
Unha persoa particular alertaba do acontecido ao 112 Galicia ás 14:40 horas de hoxe. Os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos efectivos sanitarios, de Protección Civil e da Garda Civil.