Esta mañá o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou o buque de Gardacostas de Galicia Sebastián de Ocampo no municipio de Vilagarcía. Nese escenario o titular do departamento de Mar puxo en valor o traballo realizado polos operativos de gardacostas, axentes mediambientais e as brigadas de Tragsa no reforzo do traballo posto en marcha polos concellos na detección, retirada e limpeza de pellets.
VILLARES DESTACOU O TRABALLO DESENVOLVIDO POLO OPERATIVO DESPREGADO POLA XUNTA NA VIXILANCIA E DETECCIÓN DE PELLETS NA COSTA GALEGA


