O Nadal é a época por excelencia dos agasallos, de pasar tempo coa familia e tamén do marisco. Este período onde os produtos do mar incrementan o seu valor pola alta demanda rematan e na lonxa de Aguiño despídese desta semana, a vésperas da chegada dos Reis Magos, con menos produto capturado do agardado.