O noia continua lider da preferente tras vencer ó bertamiráns por 1 a 4

O Noia CF xogou un bo partido no campo do Bertamiráns, onde asestaron 4 goles a domicilio. O partido comezou moi igualado para ambos equipos, mais o Noia pronto se fixo co dominio, tras unha gran parada do porteiro noiés os de Bonilla fixéronse co partido.
Na primeira o Noia logrou adiantarse no marcador por 3 a 0, o primeiro gol obra de David Suárez, o segundo gol chegaba no minuto 26, Tachi de cabeza, e o terceiro gol anotabao Toni no minuto 32.
Na segunda parte os noieses mantiveron un ritmo mais relaxado xa co partido no peto, anotaron un gol en propia meta, no minuto 79 , 8 minutos despois Saúl anotaba en propia porta o que seria o cuarto gol para o Noia.
O Noia está de lider con 27 puntos, o seu próximo partido será o domingo 6 de novembro as 5 co Sporting sada en Noia

https://www.youtube.com/watch?v=sWcWpc2IL9E

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.