Despois dun outono atípico chega o frío

O frío xa se nota na comarca do Barbanza, onde os termómetros descenderon uns dez grados en apenas unha semana, tras un comezo de outono irregular, con temperaturas mais propias do verán, o frío chegou de golpe deixando as primeiras neves nos montes do norte de Galicia. Isto crea unha situación cando menos rara para as persoas, pasando de golpe de usar camisetas de manga curta a plumíferos en apenas 4 días.
O frío marcha mañá para deixar paso ás chuvias, Galicia continuará mañá entre o anticiclón das Azores e as borrascas que se moven polo Atlántico Norte, cunha fronte activa achegándose polo noroeste o que aumentará a inestabilidade, a cota de neve situarase en 1200 metros nas primeiras horas, ascendendo rapidamente.
Esta noite un pequeno centro de baixas presións pasará moi preto de Galicia ocasionando un importante incremento da intensidade do vento, polo que se establece a alerta amarela no litoral da provincia da Coruña. O xoves achégase novamente un anticiclón, as temperaturas suavizaranse e as chuvias remitirán.

https://www.youtube.com/watch?v=9G-C89JO3mA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.