Icono del sitio CanalBarbanza.com

GALICIA DESPEDIU O 2023 CON MENOS DE 130.000 PERSOAS EN PARO, A MELLOR CIFRA REXISTRADA DENDE 1996

É a primeira vez que Galicia pecha un ano con menos de 130.000 persoas en paro. Decembro despediuse con 129.504 desempregados, a cifra máis baixa nese mes de toda a serie histórica que se remonta ao 1996. Con respecto ao 2022, o paro descendeu un 8,94%, uns datos que destacou a directora xeral de Formación para o Emprego, Zeltia Lado.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil