A nai de Diana Quer que voltou a pasada noite á Pobra do Caramiñal valorou positivamente o achado do teléfono móbil da súa filla, mantendo a esperanza de atopala con vida.
Diana López Pinal voltou a Pobra, entre outros asusntos para desmentir ante a Garda Civil informacións que indicaban a súa presenza e a das súas fillas nunha casa preto do Ponte de Taragoña.
Sobre os avances na investigación que realiza a Garda Civil dirixida polo xulgado de Ribeira e que segue baixo segredo de sumario, non aportou nada.
Diana Quer leva dous meses e 6 días desaparecida, foi vista por última vez nas festas do Carmen dos Pincheiros o 22 de agosto , dende entón, nada se sabe da rapaza de 18 anos. O seu teléfono móbil deixara de emitir sinal na zona de Taragoña, a Garda civil mesmo realizou unha batida polos arredores da ensenada de Rianxo, na desembocadura do río Beluso, preto da ponte, baixo a cal , un mariscador, atopaba onte o teléfono mobil de Diana Quer. O mobil presenta unha forte golpe na carcasa, o cristal estallado e estaba aberto pola parte superior, asi o explica Olga Lesende, unha mariscadora de Rianxo.
https://www.youtube.com/watch?v=GO5gKI4BhBM