O 3×3 está a deixar a súa pegada en Boiro. O municipio da comarca é o único galego que conta con representación na Lina Nacional 3×3 Indoor e este Nadal o Santa Baia traslada a paixón por esta disciplina á base. Dende onte e ata mañá os pavillóns da Cachada e do CEIP Santa María acollen o campus enfocado no 3×3 impulsado polo Santa Baia e Darío Coach, unha oferta diferente ao tradicional campus.