Un mozo de Lousame está desaparecido dende o mércores

Un mozo de Lousame está desaparecido dende o pasado mércores, 26 de outubro. José Manuel Busto, de 24 anos foi visto por última vez ás 8 da tarde en Ribeira, tras sair da empresa na que realiza prácticas. José manuel Busto cursa estudos de electricidade no CIPF Coroso.
Fontes cercanas á familia daban conta da aparición esta tarde de efectos persoais do mozo preto do faro de Fisterra, cara onde partiu o pai do rapaz co fin de idendificar as pertenzas. Todavia se descoñece o paradeiro do mozo e tamén o do seu vehículo.

A familia do mozo compartiu nas redes sociais a súa fotografia e a do seu vehículo, un Seat Ibiza, gris oscuro con placas de matrícula 3476-HFJ, para que calqueira persoa que poida aportar unha pista sobre o seu paradeiro se poña en contacto coa Garda Civil.

https://www.youtube.com/watch?v=Xog_69caMW4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.