O V DUATLON TRAIL DE riveira incorporará unha segunda transición e constará de 1,5 kilómetros a pé, 18 en btt e 6,5 de novo a pé

A parroquia de Oleiros vai servir de escenario o vindeiro 6 de novembro da celebración do V Duatlon Trail de Riveira: unha cita organizada pola asociación Arousa Neo que foi presentada hoxe polo representante desta entidade Eduardo Iglesias e polo concelleiro de Deportes Anxo Orellán e que sairá ás 10.30 horas do camping Ría de Arosa 2, no lugar de Balteiro, con meta no mesmo sitio.
Iglesias salientou que está é a única proba destas características existente en Galicia .
Ademais, anunciou dúas importantes novidades en relación a convocatorias anteriores. Dun lado, que os participantes contarán cunha segunda transición, de tal xeito que a competición principiará cun percorrido de trail de 1,5 kilómetros, principalmente polo interior do camping, para encarar a continuación 18 kilómetros de BTT e finalmente outros 6,5 de trail.

A segunda das novidades ten que ver coa categoría por equipos. En lugar de haber tres modalidades haberá unha única.

O tempo no que se presume que chegará o primeiro clasificado rondará entre os 75 e os 90 minutos; en tanto que o groso do pelotón estará en torno ás 2 horas.

Os trofeos foron creados por unha artista local, Eva Callón.

Os interesados que queiran participar dispoñen ata a medianoite deste domingo para poder inscribirse na páxina web www.arousa.com . Nestes momentos hai xa 110 anotados e o límite máximo está en 250.

Dende a organización se quixo agradecer aos patrocinadores e colaboradores a súa implicación. Entre os mesmos, Revolutrion, Camping Ría de Arosa 2 ou as asociacións de veciños de Oleiros e Carreira.

Anxo Orellán salientou a oportunidade desta competición promovida por Arousa Neo para seguir difundindo o noso patrimonio entre os participantes.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.