A responsable de asuntos pesqueiros do BNG de Ribeira, Pilar Sampedro presentou unha moción para o seu debate no vindeiro pleno apoiando as reivindicacións dos mariñeiros e contra a reducción do coeficiente reductor en buques palangreiros, cefalopodeiros e arrastreiros, menores de 70 m de eslora.
En Ribeira hai 17 barcos cuxa tripulación se pode ver afectada, xa que so 3 deles cumpren as características que os inclúen na categoría de conxeladores, mantendo o coeficiente no 0,40.




