Aínda queda moito Nadal que celebrar polas rúas de Ribeira. A programación continúa estes días previos á Noitevella e sobre todo antes da chegada dos Reis Magos. Os máis pequenos poderán entregar as súas cartas ao Carteiro Real na Praza da Porta do Sol.