Aulas valeiras nos institutos da Comarca, a xornada de folga no ensino foi secundada pola maioría de alumnos e alumnas dos centros da ESO e BACHARELATO, menos repercusión tivo nos colexios de primaria, que malia non estar convocados tamén contaron cunha alta participación na folga. No IES nº 1 de Ribeira, un dos centros de referencia de Ribeira a participación foi moi elevada, a folga foi secundada por practicamente o 100 % do alumnado .
Precisamente foi dende aquí de onde partiu a manifestación convocada polos estudantes, con remate na praza do concello de Ribeira.
Centos de alumnos e alumnas, nais e pais , profesores e profesoras participaron da manifestación que rematou nte a casa consistorial de Ribeira.
Os pais e nais defenden un estudo en igualdade de oportunidades para os seus fillos,
Independentemente da idade alumnos e alumnas coinciden nunha cousa, non as reválidas. Principalmente porque se evalúa en apenas dous días o aprendido en varios anos de estudo.
Os alumnos piden non ás reválidas, non á Lomce e non ó goberno do PP.
Ribeira foi unha das cidades onde se realizou esta convocatoria, noutras, como Santiago , Vigo ou Ourense as manifestacións foron multitudinarias, ó igual que no resto de España.
https://www.youtube.com/watch?v=UizKY7RFEho