Máis de 250 mariscadores e mariscadoras comezarán o mércores a extracción de ameixa nas concesións da confraría de Ribeira, unha campaña moi agardada cada ano, da que sae o forte dos ingresos para este colectivo. Este ano como novidade non se abre a campaña por zoas, reservando algunhas para os días de mal tempo, senón que a apertura será total, co fin de que os traballadores estean mais espallados, e non haxa aglomeracións nun único banco marisqueiro.
O tope de babosa manterase igual que en anos anteriores, en 10 kl por persoa, non así o de rubia, que durante o primeiro mes de campaña estará establecido en 15 kl, podendo variarse mais adiante.
Por outra banda o patrón maior de Ribeira destacou que nos últimos mostreos realizados se ve a existencia de produto nos bancos marisqueiros, pero que o tamaño non é o agardado.
Agárdase que os prezos sexan mellores que os logrados no libre marisqueo, dado que esta ameixa e de mellor calidade,e moi valorada polas conserveiras.
Agora a preocupación do pósito é a toxina, de momento só afecta a 4 polígonos de bateas na zona do Grove, esperan que non se introduza no resto da ría.
https://www.youtube.com/watch?v=AN7YuDXU_p4