O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acudiu á inauguración do novo centro de día de Marín. Nese escenario destacou o importante papel destes lugares para evitar o illamento dos maiores, á vez que axudan a mellorar a súa autoestima e a reducir a carga de traballo das familias e coidadores.
O TITULAR DA XUNTA DESTACOU O PAPEL DOS CENTROS DE DÍA COMO UNHA FERRAMENTA FUNDAMENTAL CONTRA O ILLAMENTO DOS MAIORES


