Deportes

VITORIA DO BERBERECHO DE NOIA PARA DESPEDIR O ANO. OS NOIESES VENCERON AO MECO POR UN INCONTESTABLE 43-62

Esta fin de semana disputouse a undécima xornada da Primeira División Masculina de Baloncesto na que o Berberecho de Noia amosou unha versión moi seria para sumar un novo triunfo. Os noieses desprazáronse ata a pista do Meco coas baixas de Noel Pouso, Santi Lope, Chico Barreiro e Anxo Vázquez, polo que Ángel Gómez sumouse á rotación a pesar de non estar ao 100%. E sobre a cancha despregaron un efectivo baloncesto para facerse coa vitoria por 43-62.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.