Hai pouco máis dun ano deron comezo os traballos na zona da Barquiña, en Noia, onde a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste máis de 1,1 millóns de euros para a dotación dunha rotonda no lugar e a renovación das beirarrúas. As obras seguen a avanzar a bo ritmo, segundo apunta o alcalde da vila noiesa, Santiago Freire.
AVANZAN AS OBRAS DA ROTONDA DA BARQUIÑA


