O Grupo Popular de Ribeira, presenta unha Proposición para o seu debate no próximo pleno reclamando a necesidade dun cuarto Xulgado de Instancia e Instrución para Ribeira. A voceira do PP de Ribeira Herminia Pouso apuntou que dada carga de traballo que teñen os tres Xulgados de Instancia e Instrución ubicados nesta cidade, onde no primeiro trimestre deste ano se tramitaron 2.419 asuntos, unha cifra que supera con moito os indicadores recomendados polo Consello Xeral do Poder Xudicial , consideran necesario que Ribeira se dote dun cuarto xulgado, unha reivindicación reiterada tanto polos letrados que desempeñan o seu oficio, representados pola delegación do Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña, como polos propios traballadores da administración xudicial.
Related Posts
UN ACCIDENTE ENTRE DOUS VEHÍCULOS NA MÁMOA, EN RIBEIRA, SÁLDASE CON DÚAS PERSOAS FERIDAS
Eran as 11.30 horas desta mañá cando se rexistrou un accidente de tráfico na DP-7302 en…
España: O Consello de Ministros aproba a Lei de Control e Inspección Pesqueira para cambiar as infraccións
A normativa pesqueira nacional contará con cambios para adaptarse aos requisitos da Unión…
O SECTOR PESQUEIRO GALEGO PIDE CAMBIOS NO REPARTO DA SARDIÑA
Ao longo do ano quedan cupos dalgunhas especies por capturar. Isto en ocasións prexudica ao…
AS MANIFESTACIÓNS POLA SANIDADE PÚBLICA EN RIBEIRA SEGUEN SEN PARAR
Como cada xoves, diante do centro de saúde de Ribeira, houbo unha nova concentración veciñal. A…
LOUSAME INVESTIRÁ O POS ADICIONAL EN GASTO CORRENTE
O Concello de Lousame contará coa achega da Deputación da Coruña do POS+ Adicional 2025. A…
Please login to join discussion




