A Superliga2 viviu esta fin de semana a súa undécima xornada na que o Boiro Voleibol volveu a gañar logo de tres derrotas seguidas tras impoñerse ao Almendralejo Extremadura por 1-3. O Rotogal saltou á pista extremeña co equipo baixo mínimos polas lesións de Alan Davila e Martín Casais, polo que Adrián Alves fixo trocos no seu esquema para buscar a vitoria e tamén dar descanso a xogadores importantes como Renato Mendes.