O BNG de a Pobra solicitará no próximo pleno a dotación dun servizo de transporte ata o Hospital da Barbanza para os veciños e veciñas desta vila. Ramiro Ouviña, concelleiro desta formación, explicou que as visitas diarias ás consultas dos especialistas levan a estas instalacións un número considerable de veciños e veciñas da Pobra, que polo deficiente servizo de autobús, utilizan o seu coche privado para o traslado, colapsando o aparcamento existente e invadindo vías de comunicación e propiedades privadas. Por outra banda apuntou de que hai moitas persoas que non posúen vehículo propio e deben facer un importante desembolso en pagar un taxi ou perder un día enteiro en asistir á consulta porque os escasos horarios e complicadas rutas con transbordo do autobús así o esixen.
https://www.youtube.com/watch?v=qcLSa99C830