O IGC recomenda un consumo responsable de cara á celebración do samaín

Entramos na época de celebración do Samaín, unha costume cada vez mais arraigada en Galicia, celebrada por numerosas persoas, e na que os consumidores poden gastar en exceso. De ahí que o Instituto Galego de Consumo realice varias recomendacións para un consumo responsable de cara á celebración do Samaín. Saímos á rua na comarca para comprobar cando nos gastamos no Barbanza nestas celebracións, pois non moito, a maioría tiran de inxenio e do que hai pola casa.

Dende o IGC recomendan non deixar as compras para o final e facer unha comparación de prezos e ofertas, xa que pode haber importantes diferenzas. No momento da compra débese esixir o tícket e coñecer os mecanismos de devolución do establecemento.
É importante ter en conta tamén que todos os disfraces teñen a consideración de xoguetes para os efectos de consumo. A etiquetaxe ten un papel fundamental na seguridade como primeira fonte de información, polo que as instrucións e advertencias deben ser lidas detidamente. No eido dos disfraces, no que levamos de ano o Laboratorio de Consumo de Galicia analizou un total de 28 produtos potencialmente perigosos detectados pola Inspección, dos cales trala súa análise se alertaron 11, por aspectos relacionados cos cordóns, o envase, ou a inflamabilidade.
Por outra banda, é preciso comprobar que os artigos que se adquiran dispoñan do marcado CE.
No que respecta ás máscaras, os orificios de ventilación deben ser suficientes e axeitados á idade para a que foron deseñados. Por último, no caso de usar maquillaxe é importante revisar a data de caducidade e as posibles contraindicacións.

https://www.youtube.com/watch?v=IJoK4MuPkjU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.