A Deputación da Coruña sigue cumprindo o prazo máximo legal de pago a proveedores, cun período medio de pago durante o pasado mes de agosto de 27,18 días, inferior en 2,82 ao prazo máximo de 30 días naturais establecido pola Lei de estabilidade presupostaria e sostebibilidade financieira.
Así se desprende dos datos que vén de publicar o Ministerio de Facenda a través do seu portal de información económico-financieira, que sitúan á Deputación coruñesa entre as dez de España que pagan as súas facturas con maior celeridade e moi por debaixo da media das corporacións locais de España, que supera en 87 días este prazo, e da administración autonómica galega, que o supera en 15,5.
Esta cifra rediciuse aínda máis (ata os -3,89 días, é dicir o pago das facturas en 26,11 días naturais) no mes de setembro, segundo os datos dos servizos de control económico-financieiro da propia Deputación, que serán levados ao pleno do vindeiro venres, e confirman unha tendencia consolidada ao longo dos últimos exercicios.
En comparación co mes de setembro do ano pasado, a Deputación mellorou tamén notablemente o seu prazo de pago de facturas, pasando de 28,5 días a pouco máis de 26.
Durante o que vai do ano 2016, a Deputación da Coruña pagou as súas facturas sempre por debaixo dos trinta días.
O goberno da Deputación da Coruña valora estes datos positivamente, pero trázase como obxectivo seguir traballando na mellora dos mesmos.
A Deputación da Coruña, entre as dez deputacións españolas con mellores datos de pago a proveedores
Please login to join discussion