A Cooperativa Galega Ria de Arousa enfronta o pago de preto de 25000 euros a facenda ó non recibir as notificacións emitidas pola axencia tributaria.

José Antonio Casais é o presidente da Sociedade Cooperativa Criadero de almeja y ostra, ubicada en Abanqueiro, esta mañá explicou a situación que os leva a ter que pagar preto de 25000 euros por non ter enviado en tempo documentación requerida por Facenda. O problema é que a carteira devolveu as cartas certificadas nas que se requería a documentación indicando que a dirección estaba incorrecta. Na empresa souberon desta situación cando a carteira colleu vacacións e foi sustituída por outra persoa, que entregou a carta na que se indicaba a sanción. Dende a empresa prexudicada afirman que o problema ven de vello, e que a carteira encargada desta zona non realiza o reparto correctamente. Dende a cooperativa dirixíronse a correos onde lles emitiron un certificado recoñecendo que dirección da empresa é correcta, tamén pediron un certificado no concello de Boiro, onde se ratifica que a dirección é correcta. Agora agardan que dende correos asuman a súa responsabilidade, e tomen medidas.

https://www.youtube.com/watch?v=poCK97kCQbw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.