Un auxiliar da POLICÍA LOCAL DE RIBEIRA resultou ferido nun accidente na avenida do malecón.

O axente circulaba na moto pola céntrica avenida do Malecón de Ribeira, a altura do paso de peóns que da acceso á zona portuaria o axente quixo frear, e perdeu o equilibrio caendo coa moto ó chan. O mozo de 32 anos de idade e cuxas iniciais son A.B.S. resultou ferido nun brazo. Foi atendido de inmediato por un médico que circulaba pola zona. Ata o lugar achegáronse o Gaem de Ribeira, unha ambulancia e a policía local. O suceso causou gran expectación na zona, ducias de veciños se achegaron a ver o que acontecía, dado que o axente estivo mais de media hora tirado sobre o asfalto ante a tardanza da ambulancia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.