Enfermerías cheas no primeiro dia de campaña de vacinación da gripe, a campaña dirixida principalmente a maiores de 60 anos e persoas con patoloxías, comeza con éxito en Galicia. No centro de saúde de Ribeira comprobamos a inquedanza dos maiores por recibir a vacina, queren estar previdos contra o virus o antes posible.
A campaña de vacinación esta dirixida a 60 ou máis anos de idade, e as pertencentes a grupos de risco: persoas con patoloxías crónicas cardíacas, respiratorias, renais, endrocrinas, persoas con cancro ou outras inmunodeficiencias, persoas con obesidade mórbida, con disfunción cognitiva…Tamén persoas con posibilidade de transmisión a grupos de risco entre os que se atopa o persoal sanitario e traballadores esenciais para a comunidade.
Neste primeiro dia cubríronse todas as citas dispoñibles, quedan por diante 9 semanas de campaña,