Sin categoría

O CONCELLO distingue ao riveirense rubén lijó santos pola súa conduta exemplar na loita contra o lume o pasado verán

O riveirense Rubén Lijó Santos recibiu esta mañá de mans do alcalde Manuel Ruiz unha medalla co escudo do Concello co obxecto de distinguir o seu labor altruísta e exemplar na loita contra o lume no pasado verán.

Neste senso, Lijó Santos, que ademais é voluntario de Protección Civil, tomou a iniciativa de participar cos seus propios medios (é dicir, dous camións motobomba adquiridos por el para este tipo de causas) na loita de incendios como os que houbo en Oleiros e o parque natural de Corrubedo.

Rubén Lijó súmase así a outros veciños que foron condecorados por distintos motivos humanitarios o pasado agosto, como foi o caso de Jesús Paz Ayaso, Marcos Fernández Santamaría, Álvaro Parra Fernández, Alberto Arcay Méndez ou María Méndez Elorduy.

No acto de entrega de hoxe tamén estivo presente o concelleiro de Seguridade Cidadá, Víctor Reiriz.

Salir de la versión móvil