Numerosas persoas da comarca do Barbanza, entre pais e nais, profesores e profesoras e alumnado achegáronse o venres ata o IES Nº 1 de Ribeira para coñecer máis datos sobre as reválidas, as probas que os alumnos de ESO e Bacharelato terán que realizar este curso. Establecidas pola Lomce as temidas probas poden deixar sen titulo óa alumnos e alumnas que pese a ter superado o curso non aproben estes exames. A presidenta de federación provincial de Anpas, Helena Gómez Vecino, deu a coñecer os últimos datos sobre estas avaliacións.
No acto tamén participou Lois Uxío Taboada, membro da xunta directiva da Federación Provincial de Anpas de centros públicos.
https://www.youtube.com/watch?v=6NdBwopu2Jw