O CD Boiro venceu por 3 a 0 ó Arandina en Barraña

Cunha primeira parte moi igualada o Boiro levouse ó seu terreo ó equipo rival. O primeiro gol dos locais chegaba no minuto 16, un tanto de Yebra dende a frontal. Os xogadores do Arandina tiveron varias oportunidades de cambiar o resultado, pero a boa actuación de Pato, evitouno con dúas impresionantes paradas baixo os paus. Co resultado de 1 a 0 favorable ós de Fredi marcharían ó descanso.

Na segunda parte o Boiro afianzaba o seu valor, e anotaba o segundo gol na portería rival, sería no minuto 59 obra de Rubén Rivera , Rubén Rivera novamente, anotaba o terceiro gol para o Boiro., no minuto 89, desta volta materializando un penalti tras tocar o visitante Pablo o balón coas mans., gol que arroxaba o resultado de 3 a 0 que a postre sería definitivo.

O Boiro esta de décimo cuarto con 11 puntos na clasificación, o seu próximo partido xogarao co Caudal, o 30 de outubro ás 12:00.

https://www.youtube.com/watch?v=sJsQIW2auXQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.