NOVO DERBI COMARCAL. O VALIÑO RECIBE A VISITA DO PUEBLA, QUE NON QUERE ABANDONAR O LIDERADO

A emoción estará servida esta fin de semana cunha nova xornada da Primeira Galicia. Os equipos da comarca vivirán duelos interesantes, comezando cun novo derbi barbanzán no que se verán as caras o Valiño e o Puebla. O Unión quere deixar atrás a derradeira derrota e conseguir a vitoria no campo do Baio, mentres que a Esteirana visita Bertamiráns co obxectivo de encadear o cuarto triunfo consecutivo.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil