Xosé Lois Piñeiro explicou esta mañá que a situación que o levou a carecer durante uns meses de seguro no vehículo da súa propiedade foi dada por unha tramitación entre aseguradoras. Segundo explicou levaba 15 anos utilizando os servizos da mesma compañia aseguradora, pero en abril do 2015 decidiu cambiar de compañía, a nova compañía tramitou o cambio, pero a antiga emitiulle un recibo semestral ó solicitarse o cambio sen a suficiente antelación. Ó comprobar que xa aboara este recibo, decidiu anular o cambio de aseguradora, confiando en que seguía asegurado coa de sempre. E así foi ata abril deste ano, que xa non emitiron mais recibos.
O caso é que Piñeiro non foi consciente de que deixaran de emitirlle os recibos porque lle seguian chegando recibos da mesma compañia, era un erro, xa que se trataba de recibos do seguro dun coche que vendera tempo atrás, pero que lle seguían pasando pola sua conta.
A multa emitida pola policía local sera recurrida, dado que nese momento o rexedor xa regularizara a situación do vehiculo, posto que a comezos do mes de setembro , en canto soubo da sua situación realizou unha proposta de seguro cunha compañia, tempo antes de ser sancionado.
https://www.youtube.com/watch?v=OFGUoVsW3aw