A campaña de vacinación contra a gripe que pon en marcha a Consellería de Sanidade comeza o luns 24 de outubro e rematará o día 23 de decembro, é dicir, terá unha duración de 9 semanas de xeito continuado. Para levala a cabo a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago pon a disposición dos usuarios 76 puntos de vacinación en Atención Primaria, amais dos hospitais (CHUS e Barbanza). A XXIS ten previsto vacinar a máis de 82.000 cidadáns de toda a área compostelá, dos que preto de 58.000 prevé que sexan persoas de 65 ou máis anos. Son estimacións que se fan con respecto á cobertura do ano 2015. Como obxectivo específico está acadar unha cobertura vacinal do 65% entre a poboación maior de 65 anos. (O ano pasado a cobertura nesta franxa foi de case o 55%).
Con respecto á cobertura entre persoal sanitario, a porcentaxe de traballadores sanitarios vacinados en Atención Primaria foi dun 33,5 % de cobertura en médicos de atención primaria e dun 43% da enfermaría. Os datos baixan en atención hospitalaria: cubre un 19,5 de sanitarios.
A poboación diana é aquela de 60 ou máis anos de idade, e as pertencentes a grupos de risco: persoas con patoloxías crónicas cardíacas, respiratorias, renais, endrocrinas, persoas con cancro ou outras inmunodeficiencias, persoas con obesidade mórbida, con disfunción cognitiva…Tamén persoas con posibilidade de transmisión a grupos de risco entre os que se atopa o persoal sanitario e traballadores esenciais para a comunidade.
Outro obxectivo da campaña é diminuír o número e a gravidade das complicacións derivadas da gripe. O ano pasado 1.700 galegos ingresaron por gripe, a maioría non vacinados, dos que 332 ingresaron nalgún centro da área compostelá e 20 faleceron.
Os interesados en vacinarse deben poñerse en contacto co seu centro de saúde onde lle informarán de como e onde solicitar a cita.
https://www.youtube.com/watch?v=HYCprdU0HMs
A xerencia de xestión integrada de santiago prevé vacinar a máis de 82.000 cidadáns contra a gripe na campaña que comeza luns
Please login to join discussion