A compañía de teatro afeccionado de Lousame, Tastarabás Teatro, representará este domingo 23 de outubro, ás 19:00 horas, a súa nova obra: “Trastes… a conciencia”. Trátase dunha divertida comedia que poderá disfrutarse totalmente de balde no auditorio da Casa da Cultura de Lousame, que abrirá as súas portas ás 18:50 horas e pechará o acceso á sala en canto abra o telón.
Esta será a segunda sesión da XII Mostra de Teatro Afeccionado Concello de Lousame que organiza a Asociación Cultural Toxos e Carrouchas, en colaboración coa Concellería de Cultura de Lousame e a Deputación da Coruña. A primeira sesión, protagonizada por Teatro do Improvisto coa súa obra “POE”, foi moi aplaudida e encheu o case centenar de butacas dispoñibles.
https://www.youtube.com/watch?v=K6uJ099z5LU