O próximo domingo, 23 de outubro, o grupo de Amnistía Internacional Barbanza organiza en colaboración co Concello da Pobra do Caramiñal, a Asociación A Vila e a Plataforma reduxiados, un evento no Cine Elma de Pobra do Caramiñal. O evento, que pretende recoller novas adhesións ao manifestó #YOAcojo, acollerá a exhibición de dúas curtas centradas nos refuxiados e a súa situación, así como un recital de poesías e a actuación de tres grupos musicais.
O recital, no que intervirán os poetas Manuel Cartea, Manuel Teira e Irene Fernández terá como eixo central a figura do refuxiado. Posteriormente, tres grupos musicais sumáranse a campaña coas súas actuacións. A primera en facelo será Alba Fernández, solista de Pobra. A segunda actuación musical do día correrá a cargo de Caras Bé, un grupo de pop-rock con larga traxectoria en Galicia e España. Cerrará a xornada Thais Suki, mezzosoprano galega coñecida polo seu éxito tras o paso polo programa A Voz 2016.
https://www.youtube.com/watch?v=nPHz_Rp4mfw